Estadios cun valor de 1.800 millones de euros

O prezo medio por metro cadrado dos 20 campos de fútbol (2.187 euros) é un 28% máis caro que o da vivenda de segunda man (1.704 euros).

O crecemento urbano proporciona ós campos de fútbol unha centralidade que incrementa de maneira moi significativa o seu valor. Según un estudo feito polo portal inmobiliario pisos.com, de recalificarse os 20 estadios dos clubes españois de primeira división, poderíase levantar vivendas polo valor de 1.772 millons de euros.

los-estadios-de-primera-division-tienen-un-valor-inmobiliario-de-1-800-millones-de-euros
Táboa de prezos dos Estadios de 1º división feita por pisos.com

Como sucede coa vivenda, o prezo por metro cadrado duns e outros é moi similar. Aínda que a medida é de 2.187 euros por metro cadrado, hai 3.520 euros de diferenza entre o máis caro, Anoeta, e o máis barato, o Madrigal. Deste xeito, mentras que no estadio de Balaidos poderíanse levantar viviendas cun valor de case 92 millóns (204.300€ de media por vivenda), en Villareal os inmuebles só costarían 34 millons de euros, o que non cubriría nin o coste da construcción dun novo estadio.

Un negocio moi rentable

Según o director xeral de pisos.com, “a ubicación céntrica dos campos de fútbol dota a estes terreos dun gran atractivo”. As diferentes recalificacions que se fixeron o longo do tempo significan unha táboa de salvación para a elevada deuda dos clubes. Exemplos como a recalificación do antigo estadio do Barcelona nas Corts, do Sarrià do Español, do Mestalla do Valencia ou o da cidade deportiva do Real Madrid, estiveron cercados de polémica por se han suposto axudas indirectas ou favoritismos.

O estudo de pisos.com analiza o valor inmobiliario dos estadios de fútbol en función do prezo por metro cadrado e do número de vivendas tipo, de 90 m2, que poderían edificarse nese espazo en caso de destinarse a un uso residencial. Os estadios co prezo por metro cadrado máis alto son o da Real Sociedade (4.371€/m2), o Real Madrid (4.063€/m2), o Barcelona (3.795€/m2), o Athletic (3.307€/m2)  e o Atlético de Madrid (2.862€/m2). Os máis baratos son o do Madrigal (851€/m2), o Martínez Valero (1.049€/m2), o Ciutat de Valencia (1.057€/m2), o Juegos del Mediterráneo (1.437€/m2) e os Cármenes (1.603€/m2).

 

Nova orixinal: pisos.com

Añadir Comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.